sábado, 13 de marzo de 2010

Artevigo en Mallorca

Este mes unha representación de Artevigo esta desplazada en Mallorca, traballando no laboratorio de Ictiología do IMEDEA, un dos nosos socios no proxecto. O obxetivo é tomar contacto coas técnicas de temetería acústica para o estudio da ecoloxía espacial dos peixes litorais.
Este técnica consiste no fondeo dunha rede de receptores delimitando unha área determinada, e a pesca, marcaxe e solta de varios individuos da especie estudiada nesa misma área. Se as cousas van ben, os emisores estarán enviando unha señal acústica continuamente durante varios meses, que será recibida e arquivada polos receptores.

Antes disto, é necesario facer un test de rango dos emisores (pingers). Un test de rango vale para coñecer cal é o radio de traballo ou alcance efectivo dos emisores, que en función do hábitat, será mais ou menos próximo ó indicado polo fabricante. É moi importante saber o alcance dos emisores que vamos a incorporar ós nosos peixes, para diseñar de forma efectiva rede definitiva de detección. Nestes últimos días o noso traballo foi diseñar e levar a cabo o test de rango para emisores sonotronic que serán incorporados en calamares (Loligo vulgaris), o que constitúe unha das partes da tesis de Miguel Cabanellas, un compañeiro do IMEDEA. Neste tutorial de VEMCO (unha das empresas que proporciona técnoloxía acústica) explícase con moito detalle para que sirve un test de rango e como se debe levar a cabo.

O que nós fixemos foi testar o radio de alcance dos emisores a 3 profundidades: 10, 30 e 50 metros, para o cal fondeamos receptores cada 100 m a partir da posición do emisor. A semana que ven descargaremos os datos, e en función dos resultados obtidos, diseñaremos a rede definitiva para o estudio dos movementos do calamar.