viernes, 29 de octubre de 2010

¿Sabes pescar abadexos?


Buscamos voluntarios que saiban pescar abadexo grande con liña, de tamaño maior de 2,5 kilos, a poder ser na zona das Estelas, Serralleira, Agoeiro e Cabo Silleiro (Ría de Vigo). O obxetivo é capturalos, implantarlle un emisor, e soltalos vivos, polo que teñen que estar totalmente intactos no momento da captura. Necesitamos moi poucos, pero en bo estado!
Contacto: villegas@iim.csic.es

jueves, 14 de octubre de 2010

Primeira recaptura

Hoxe á media mañan saltaba a noticia, un pescador de Baiona chamounos para comunicarnos que pescara un pinto marcado por nós. É a primeira recaptura do proxecto, co cal a ilusión é maior. É necesario destacar que este tipo de programas de marcado non valen de nada se non se obteñen as recapturas, e para iso é básica a colaboración da xente do mar.
Éste é o pinto recapturado, que xa está nas nosas mans. Agradecemos enormemente a colaboración do pescador de Baiona que nos facilitou o peixe e os datos da captura.



Nestes momentos o número de peixes marcados ronda os 350, pero o programa continuará durante os próximos meses
Se pescas un peixe marcado, por favor, chámanos:

986 231930

sábado, 9 de octubre de 2010

Artevigo en Florida

Dende agora ata o fin do ano Artevigo tende unha man ó outro lado do Atlántico, para colaborar co Fish and Wildlife Research Institute de St. Petersburg, Florida. Este instituto conta cunha ampla experiencia no uso da telemetría acústica para estudios reproductivos de peixes costeiros, bagaxe que pode ser de gran utilidade no noso proxecto. En concreto, os seus estudios céntranse na identificación de zonas de posta para diferentes especies como o "red fish" (Sciaenops ocellatus) ou o "snook" (Centropomus undecimalis).